Larpeiros
Empanada de mexillóns e cogomelos / Empanada de grelos, chourizo e lacón / Empanada doce de peras e crema de améndoas
12/03/2015 22:00 h
Como a cousa vai de empanadas, don Benigno preparará, coa axuda de Lola, unha mariñeira, económica e, sobre todo, moi rica: empanada de mexillóns. Para poñerse en situación, Adrián collerá camiño a Ourense, onde, coa axuda de Sara, aprenderá a facer unha das empanadas con máis sona no interior do país: empanada de grelos, chourizo e lacón.
De volta na casa, o día mundial da empanada será completo coa empanada doce de peras e crema de améndoas coa que Merchi e Leni agasallarán o resto dos “Larpeiros”.