CRTVG

Buscar

Alalá

Eduardo González Valcarce

18/03/2008 22:05 h

A impresionante paisaxe das montañas dos Ancares son o escenario da historia neste novo Alalá. Son lugares que leva impresos na memoria e no corazón o noso protagonista, o gaiteiro Eduardo González.

Naceu nunha palloza, en Castelo de Frades, nunha familia de sete irmáns con moitas carencias, pero tamén moito cariño. Eduardo era un neno que soñaba con ter unha gaita. Un día seus pais acabaron por mercarlle unha porque o rapaz era tan testán que non cedía no seu empeño. Era un sacrificio para toda a familia, pero o neno demostraba un gran interese, moito gusto pola música e unha capacidade de aprendizaxe que prometían dar un bo gaiteiro. Ata aquel momento Eduardo aprendera a tocar el soíño, pero agora ía necesitar algo de axuda. Buscou un mestre: Pedrín de Coro, que polo visto o home tiña un xeito de ensinar moi “contundente”.

Eduardo, nunha emotiva entrevista, falaranos tamén do día que tivo que emigrar e deixar os Ancares para saír adiante: foi peón, mineiro, zapateiro, condutor de tranvías, traballou na Pegaso... e, por suposto, tamén foi gaiteiro.

Agora, xa xubilado, vive no Bierzo. A súa palloza da nenez xa non existe pero cando o levamos ata o Piornedo para falar con el nunha palloza semellante, Eduardo reviviu todos os seus recordos e recuperou, coa gaita, pezas que hai anos soaban nas polavilas desta zona de alta montaña.

Atopar capítulo por: