CRTVG

Buscar

Era visto

Especial Don Anselmo

16/02/2013

Un programa especial dedicado a Anselmo, onde son protagonistas as anécdotas máis divertidas vividas polo personaxe que interpreta Manuel Manquiña.

No primeiro dos sketchs, Anselmo queda na ruína e, para sorpresa de todos, isto vai facer que se converta nunha boa persoa. A continuación, Anselmo pídelle un favor a Moncho: quere que Elvira se faga pasar pola súa muller diante dun cliente moi tradicional. Moncho accede pero todos lle din que está a facer unha tolería e fanlle comparacións coa película “Unha proposición indecente”, o que o intranquiliza cada vez máis.

Na última das historias, Anselmo ponse enfermo e di que non pode valerse por si mesmo, polo que lle pide axuda a Moncho, que vai ter que atendelo as 24 horas do día.

Atopar capítulo por: