CRTVG

Buscar

Alalá

Dolores Castiñeira (Arxentina III)

17/02/2009 22:05 h

En Mar del Plata coñecemos a Dolores Castiñeira, unha muller fóra de serie e cunha mente prodixiosa. Ten 78 anos, leva na Arxentina desde o ano 49, e lembra que eran as tres da tarde aquel día de maio que embarcou para cruzar o charco. Tamén lembra ducias de cancións da súa infancia en Galicia e toca a pandeireta coa mesma simpatía coa que fala. Conta tantas cousas interesantes, que un non se cansa de escoitala.

De paso que visitamos a Dolores aproveitamos para coñecer algo máis de Mar del Plata, a cidade turística máis importante da Arxentina. A Dolores encántalle a súa cidade e está feliz e satisfeita de todo o que viviu, pero non hai un só día que non lle acorde Galicia. E como exemplo do seu afán de superación e do seu amor pola terra basta saber que alí, na Arxentina, despois de ter criados aos fillos e xa con netos, fixo o seu primeiro curso de galego, porque quería saber escribir ben na súa lingua e porque, como lle dicía seu avó, nunca hai que deixar de aprender.

Atopar capítulo por: