Luar
Día das Letras Galegas
17/05/2013
Como non podía ser doutro xeito, “Luar” tamén celebra o Día das Letras Galegas. O programa homenaxea a Roberto Vidal Bolaño con música, humor e con convidados moi especiais.
Música cen por cento galega coas voces de SondeSeu, Pili Pampín, Treixadura, Xosé Manuel Piñeiro, Uxía, Greira, pandeireteiros da Asociación Cultural Traspés, Rosa Cedrón, Asociación Xirandela, un grupo de nenos da Sociedade Cultural Padronesa que representan un dos poemas de Rosalía de Castro e os participantes de “Recantos” e “Punta tacón”.
O humor vén da man dos colaboradores e humoristas habituais como Campos e Crespo.