CRTVG

Buscar

Luar

De feira, con Javi Cantero, Camela e OBK

06/05/2016 22:00 h

“Luar” contará este venres coa presenza no seu escenario de OBK, Camela e Javi Cantero, nun programa en que lle renderá homenaxe ás feiras galegas. Os artistas terán ocasión de visitar unha feira típica dos anos 50, que o programa da Televisión de Galicia recreará cos seus postos típicos, artesáns e personaxes. Ademais, Javi Cantero interpretará temas como “La mandanga”, do seu recente disco “Recordando al Fary”, homenaxe ao seu pai, e fará un dúo con Camela. 
O programa presentado por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio contará tamén coa orquestra pontevedresa Saudade, con Manolito El Pescador e coas reivindicativas As Punkiereteiras, grupo de mulleres que comezou no canto tradicional e que hoxe abandeira temas coma o feminismo, que levará ao “Luar” con “Canto feminista”.

Atopar capítulo por: