CRTVG

Buscar

Luar

David Parejo, Mercedes Peón e El Consorcio

30/10/2016 22:00 h

Contamos coa actuación do artista David Parejo, o cantante sevillano que está tomando o relevo dos Gemeliers e Abraham Mateo como ídolo adolescente, que interpretará o seu éxito “Más”.

Ademais tamén estará esta noite no escenario o grupo El Consorcio. Nesta ocasión, o conxunto cantará “Donde estás corazón” xunto a Piñeiro, Tania Fuegho e Manuel de Andrade.

Durante as máis de tres horas de música e humor, sempre hai un espazo reservado para a música galega. Desta volta, tócalle á Banda de Balbina, un conxunto musical que percorre as festas cos ritmos e a retranca propios do país. Ademais, tamén teremos as actuacións da Banda de Música de Caamaño, da Agrupación Folclórica Rosalía de Castro e de Mercedes Peón.

En “Leña á Ferreña”, presentado por Pile Alonso, enfrontaranse María Riesco e Adriana Felpete, dúas concursantes que demostrarán cal é o mellor dándolle a pandeireta. Pero non todo será música, o amor tamén terá un lugar na nova sección “Luar de Mel”, presentada por María Carballeira.

Andaremos moi pendentes das redes sociais na sección que leva Inma Morandeira. Ademais, Xosé Luis Blanco Campaña estará no programa cos grupos máis veteranos e Pablo Carpinteiro chegará coas recollidas e traerá tamén o grupo do occidente asturiano Caldo y Os Rabizos.

Tania Veiras, encargarase unha vez máis de presentar o concurso “Recantos”. Os concursantes desta edición serán Os Pérez, do Miño, que cantarán o tema “O son do silencio”, e mais Miguel Arias, de Ourense oriental, que cantara “Estraños na noite”.

Atopar capítulo por: