Alalá
Especial Noite de Reis: Danzas e cantos de Reis
A noite de Reis en Galicia sempre estivo chea de ilusión e de música. De cantos e bailes propios desa data que variaban segundo a zona pero que case sémpre servían, ademais de para divertirse un e felicitar as festas ós veciños, para pedir o aguinaldo, que podían ser uns chourizos e un vaso de viño, ou cartos. Por iso para moitas familias esta tradición chegou a ser unha importante fonte de ingresos e pasaban tódalas festas de Nadal percorrendo as parroquias cantando e bailando.
Nalgúns lugares aínda hoxe non conciben estas datas sen a presenza dos ranchos de Reis ou dos bandos. Das músicas e danzas que na memoria dos maiores están ligadas a moitos outros recordos: á maneira en que se xuntaban as familias e os veciños, ó que ceaban, ós regalos que recibían os nenos ata nos tempos nos que non había case nada.