CRTVG

Buscar

Alalá

Cuxa

02/11/2010 22:05 h

Cuxa é un deses artistas de enorme talento pero descoñecidos fóra do seu entorno máis próximo que tanto abundan en Galicia. Canta marabillosamente, toca a zanfona, o piano, a guitarra e o acordeón, e ademais diso compón.

Cantou no Orfeón Terra Nosa do Padre Feijoó, compuxo para o grupo Candieira nos tempos da Nova Canción Galega e mesmo chegou a gravar dous pequenos discos. Pero non saben da súa arte máis alá dos amigos cos que canta nas tabernas tomando un viño, os veciños, a familia ou os compañeiros do coral. Todos eles admírano profundamente e quéreno moitísimo, porque Cuxa é un dos motores das veladas interminables nas que se reúnen, como é tradición en Cedeira, simplemente para cantar.

Con sesenta e cinco anos e despois de ter vivido en Santiago, en Madrid e mesmo en Turquía, este químico recén xubilado que sempre quixo ser músico está feliz coa súa vida actual. Volveu á súa adorada Cedeira, disfruta moitísimo coidando á súa filla de sete anos, Beatriz, acode a clases de acordeón para seguir profundizando no instrumento, ensaia co coral Herbeira e toma os viños cada día cos amigos da infancia.

Que máis se pode pedir? Pois ter unha voz como a súa, capaz de interpretar desde unha aria de ópera ás coplas máis vellas de Cedeira, que aprendeu de pequeno escoitando cantar aos homes no bar de seu pai e na casa ás súas tías.  

 

Atopar capítulo por: