CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Cos pés na terra. Programa 12 (14/12/2011)

14/12/2011 23:00 h

 O programa que reflicte un futuro máis alá das cidades, con xente que aposta por traballar no campo, rastrexa hoxe tres novas historias apaixonantes de esforzo e tesón, que nos achegan con humor e simpatía a súa opción inequívoca de quedarse na terra como medio para desenvolver o seu traballo.

       As persoas que hoxe nos presentan o programa elixen vivir da terra e da vida que nela agroma, a pesar de ter coñecido outros estilos de vida próximos á cidade; por iso coñeceremos a Víctor e Marta, dous rapaces afeitos ao mundo da cidade pero que, sen embargo, non teñen reparos en abrirse a novos camiños xunto a compañeiros de oficina que nos levan a descubrir doces sabores do campo.

   Noutros camiños atopamos o caso de Óscar, que non está disposto a que se perdan os coñecementos de seu avó, así que intenta seguir as súas instrucións para fabricar, man a man, un fouciño capaz de cortar o vento. O equipo do programa tamén visita a Suso, un auténtico Noé do século XXI, acompañándoo no transcurso dunha xornada de auténtica sinerxía animal.

Atopar capítulo por: