CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Cos pés na terra. Programa 8 (16/11/2011)

16/11/2011 23:15 h

 O programa que reflicte que hai futuro máis alá das cidades, con xente que aposta por traballar no campo, segue hoxe tres novas historias apaixonantes de esforzo e tesón, que nos achegan con humor e simpatía a súa opción inequívoca de quedarse na terra como medio de desenvolver o seu traballo.

       As persoas que hoxe nos presentan elixen vivir da terra e da vida que nela agroma, a pesar de ter coñecido o estrés e os estilos da cidade. No caso da conciliación entre estes dous mundos está Manuel, un labrego “de aquí” que traballa as terras tal e como lle aprenderon os seus antepasados e que nos vai amosar as súa colmeas, iso si, sen perder de vista o reloxo, porque ten que facer un reparto vertixinoso polas terras de Ourense.

    Coñeceremos a Ismael, un ribadumiense establecido en Santiago que montou na casa a súa pequena “aldea” para non esquecer as súas orixes do campo, orixes que coñeceremos de primeira man visitando a nai para traballar os viñedos da familia; e tamén visitaremos a José, un gandeiro que tanto restaura a súa propia vila como recupera a raza da vaca vienesa, adopta un año de ovella galega ou mesmo descobre o segredo da eterna mocidade.

 

 

 

Atopar capítulo por: