Cos pés na terra
David, Isabel e Roberto, e Eduardo
12/12/2022 23:15 h
En ‘Cos pés na terra’, imos polo aire. Farémolo grazas a David e o seu equipo, afeitos a analiza-los cultivos dende as alturas e tamén a tratalos, todo grazas ós seus apeiros da horta novos: os drons.
Coñeceremos animais pouco vistos en Galicia. Quen ten conta deles son Isabel e Roberto, dous rapaces que gozan aprendéndolles ós demais todo o que saben de especies tan curiosas coma os porcos ananos.
E traballaremos con Eduardo na praza de Vilagarcía. Alí é onde vende produtos de horta exóticos que medran nas súas leiras.