CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Lois, Elia e Aroa

07/11/2022 23:15 h

En “Cos pés na terra”, saímos en ruta. Acompañaremos a Lois, veterinario sempre atento ás urxencias que chaman por el. Atenderemos leitóns, unha vaca con problemas respiratorios e outra á que lle fixeron hai nada unha cesárea.

E se queren uns consellos de horta, temos os mellores, os de Elia, unha rapaza que acaba de emprende-lo seu propio proxecto asesorando todos aqueles que queren come-lo froito do seu propio esforzo.

No programa coñeceremos tamén a Aroa, unha pintora que capta todo e canto a rodea na aldea. E se en Madrid teñen o Museo do Prado, a ela ben lle vale unha marquesiña de bus pra expoñe-la súa arte.

Atopar capítulo por: