Cos pés na terra
Rudi e Sandrea, Pilar e Laura
23/05/2022 23:15 h
Hoxe, en “Cos Pés Na Terra”, coñeceremos a Rudi e Sandra. El é violinista profesional. Ela é bióloga, e xuntos crearon unha asociación pra defende-lo bosque autóctono galego e os seus aproveitamentos.
Compartirémo-la xornada de traballo con Pilar, unha gandeira afeita a andar a toda máquina con tal de que ás súas vacas nunca lles falte de nada, un bo trato que elas pagan con ouro branco.
E temos unha cita con Laura pra volver á escola. Visitarémo-los bancais que ela acaba de crear co seu proxecto no colexio Alborada da Coruña, unha terriña pra que os nenos aprendan cousas ben importantes.