Cos pés na terra
Nena, Mónica e Martín
21/03/2022 23:15 h
Hoxe, en “Cos Pés na Terra”, coñecermos a Nena e moitas das plantas das que ten conta. E non son plantas calquera, moitas delas pouco vistas nas nosas terras, e moitas delas tamén ben fotoxénicas.
Temos tamén unha cita con Mónica, unha rapaza que se reparte entre os labores da súa horta, chea de cor e sabor e as súas galiñas de Mos. Non faltarán os inventos e descubriremos como funciona un galiñeiro móbil.
No programa visitaremos a Martín e os seus porcos celtas nunha xornada ben refrescante, na que coñeceremos algún porco que se non está en Hollywood, pouco lle falta. Parece que en Galicia non lle falta traballo.