Cos pés na terra
Ana e Pablo, Eva e Adrián
28/02/2022 23:15 h
En “Cos Pés Na Terra”, imos de turismo rural… Visitarémo-la casa de Ana e Pablo… Dous irmáns que reparten as tarefas… Que inclúen o coidado das súas vacas das que obteñen un requeixo… Delicioso…
Coñeceremos tamén a Eva… Unha labrega que puxo ó día as terras que xa traballara súa nai antes ca ela… E fíxoo innovando con produtos como os “jalapeños”… E as “caienas”… E todo pra poder acudir ós mercados cargadiña de sabor…
Imos estar tamén rodeados de galiñas… As galiñas das que ten conta Adrián. As pitas regalan ovos a cambio de benestar… Na granxa non lles falta de nada… Nin un Spa de terra … Nin música en directo…