Cos pés na terra
Anahí, Roberto, Simón, Martín e Harris
21/11/2021 23:00 h
Hoxe, en “Cos Pés Na Terra”, temos unha cita con Anahí, os seus trebellos e as súas creacións. Con esta artesá da la descubriremos todo o que hai detrás das súas creacións feitas co tecido máis antigo que existe:… O feltro. Pasaremos tamén unha xornada en cooperativa na compaña de Simón, Martín e Harris… Tres rapaces que converteron a terra que pisan os seus pés nun verxel cheo de sabor no que hai sitio tamén pra cultivos novidosos… E botarémonos ó monte con Roberto e as súas cabras, nunha xornada na que comprobaremos que un can pastor é o mellor amigo do home e dos cabreiros…