CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Sandra e Víctor, Cris, e Rubén

09/05/2022 23:00 h

Hoxe, en “Cos Pés Na Terra”, xeado pra todos. Coñeceremos a Sandra e Víctor, unha parella que decidiu aproveita-lo leite das súas vacas pra emprender un proxecto cheo de sabor e textura. Visitaremos tamén a Cris, bióloga sevillana, que se namorou de Galicia e decidiu converterse tamén en labrega. Con ela plantaremos, cultivaremos e seremos testemuñas da boa veciñanza que reina no seu verxel. E temos unha cita pra cestear. Farémolo con Rubén, quen nos amosará as posibilidades dos materiais naturais de Galicia como a madeira, o centeo e incluso o vimbio na cestería viva.

Atopar capítulo por: