Cos pés na terra
Loli, Diego e Manu,Sara e Leda
                        
                        08/06/2020 22:30 h                        
                        
                    
                                    
                Temos unha cita cunha vella amiga do programa, Loli, unha labrega afeita a cultivar produtos saborosos, a traballar en equipo e a vender todo e canto rico sae da súa terra… Coñeceremos tamén a Manu, Sara e Leda estaremos na súa casa fermosa pra descubri-los segredos do feltro feito con la e algún dos xogos antigos que eles mesmos fabrican. Temos tamén unha cita pra contar ovellas e non falamos de durmir, falamos de contar todas e cantas ovellas ten Diego, un gandeiro ó que nunca lle falta axuda dun can máis ca eficiente.