Larpeiros
Cordeiro ao forno con boliñas de pataca e tartaletas de froitas
Aínda que en Galicia sempre fomos máis de cabrito que de cordeiro, nos últimos anos está a ter moito éxito este último. Ademais, agora hai años galegos que se poden atopar en case todos os mercados do país.
Será escoitar a palabra cabrito e Benigno Campos porá en marcha a maquinaria para elaborar con este animal tan sabedeiro un xantar que deixará o resto dos “Larpeiros” abraiados. A proposta será un cordeiro ao forno con boliñas de pataca.
Para isto, Adrián viaxará nesta ocasión a Cospeito, na Terra da Cha, onde, da man de Xabier, coñecerá unhas ovellas e uns cordeiros que viven nun lugar privilexiado. Convertido en pastor por un día, terá que traballar duro se quere levarlles aos seus compañeiros un cordeiro á altura da ocasión. Pero o esforzo non será en van, xa que á súa volta estará agardándoo unha sorpresa en forma de doce: as tartaletas de froitas preparadas por Merchi e Leni.