CRTVG

Buscar

Alalá

Coral de Voces da Louriña

03/02/2009 22:05 h

A coral "Voces da Louriña" é un colectivo con moitos valores engadidos, a diversión e a terapia son dos máis importantes. Un grupo de mozos e mozas do Porriño de entre setenta e noventa anos, descubriron desde hai anos unha nova paixón nas súas vidas: a música en Voces da Louriña.

A sede de tanta vea artística é o centro social da 3ª idade de Porriño e o certo é que o proxecto deparoulles un rebulir nas súas axendas que na actualidade non teñen tempo para nada. Todos os que traballan no centro son como da familia. O trato é ese pero hai unha persoa que chegou hai pouco tempo e quedou namorado do centro, tanto é así que foi el o que se puxo en contacto con Alalá para que soubéramos que a súa xente tiña algo especial. É unha especie de “ilusionador”, chámase Serafín e é o perruqueiro do centro.

Coa coral “Voces da Louriña” emprenderon un fascinante camiño nas súas vidas. Con ela todos teñen un vínculo afectivo e unidos pola música fixeron unha chea de cousas: descubriron que podían cantar, facelo ben e xunto a isto estaban as actividades paralelas, as viaxes e excursións, outras clases que se imparten neste centro e por se isto fose pouco, tamén se meteron a actores.

Uns avós cheos de vida que nos ensinan que tan só hai que querer facer algo para poder facelo.

Atopar capítulo por: