CRTVG

Buscar

Luar

Con Víctor Manuel, Emilio Rúa, Chiquetete e Lucrecia

15/01/2016 22:00 h

 O programa “Luar” terá hoxe como estrela convidada o cantautor asturiano Víctor Manuel, que acaba de recibir o Premio á Excelencia Musical da Academia Latina da Gravación e que durante este 2016 continúa coa súa xira “50 años no es nada”. Ademais de en solitario, no programa da TVG actuará a dúo co cantautor ourensán Emilio Rúa.
O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio tamén recibirá este venres a visita da artista cubana, afincada en Barcelona, Lucrecia, unha das voces latinas por excelencia en Europa e Latinoamérica; e do cantante flamenco Chiquetete, un dos artistas máis populares da canción andaluza da década dos 80, cando se deu a coñecer cun repertorio de baladas románticas e pegadizas.
Polo escenario de “Luar” tamén pasarán esta noite a orquestra Los Satélites, o dúo Meigas do Son e os grupos de música tradicional Trébede e Os Melidaos, composto este último por sete gaiteiros que cantan.
Ademais dunha nova edición do concurso “Recantos” e á marxe da música, o programa ofreceralles hoxe aos seus espectadores consellos de hixiene postural para as distintas facetas e situacións da vida, para o que contará coa colaboración do presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, Xosé Carro.

Atopar capítulo por: