CRTVG

Buscar

Luar

Con Soraya e Camela

23/09/2016 22:15 h

Contamos coa actuación da artista Soraya, ex-concursante de “Operación Triunfo” e convidada habitual das noites do “Luar”. A cantante interpretará os seus éxitos “Sin miedo” e mais “You didn’t do it”.

Tamén estará no escenario Camela, o famoso grupo madrileño, precursores do estilo bautizado nos 90 como tecno-rumba que cantará “Te prometo el universo” e o seu éxito “Cuando zarpa el amor”. Tamén teremos as actuacións da rapeira Wöyza e da Orquesta New York.

Sempre hai un espazo reservado para a música galega. Desta volta, tócalle á Agrupación Folclórica e Regionalista, á Coral Polifónica de Mera, á Banda de Música de Arzúa e o grupo Fol de Veleno.

En “Leña á Ferreña”, o novo concurso do programa presentado por Pile Alonso, enfrontaranse María Riesco e Claudia Menor, dúas concursantes que demostrarán cal é o mellor dándolle a pandeireta. Pero non todo será música, xa que o amor tamén terá un lugar na nova sección “Luar de mel”, presentada por María Carballeira. Esta semana Anita de Nigoi buscará unha persoa coa que compartir o seu tempo.

Estaremos moi pendentes das redes sociais na sección que leva Inma Morandeira.

Ademais, Xosé Luis Blanco Campaña estará no programa cos grupos máis veteranos e Pablo Carpinteiro chegará coas recollidas e traerá tamén a agrupación mallorquina Colla de Xeremiers.

Tania Veiras, que tamén actuará no programa, encargarase de presentar o concurso “Recantos”. Os concursantes desta noite serán Christian Pensado, da Costa da Morte, que cantará o tema “Bailar pegados” de Sergio Dalma, e mais Bene Nogueira, da Arousa, que cantara “Pasodoble te quiero”.

Atopar capítulo por: