CRTVG

Buscar

Luar

Con Sergio Dalma e Karina

11/12/2015 22:00 h

   O programa “Luar” contará hoxe coa presenza no escenario de Sergio Dalma, un dos grandes artistas deste país, que ten grandes calidades interpretativas e cun selo persoal que está xa impreso no ouvido do público. O cantante catalán presentaralles aos espectadores galegos “Dalma”, o seu traballo máis persoal desde hai tempo, o número 17 da súa dilatada carreira. Este álbum sutil, moderno e atrevido inclúe unha colección de cancións heteroxénas, pero poderosamente evocadoras, conectadas pola reivindicación máxica da voz de Sergio Dalma.
Tamén acudirá esta noite a “Luar” a cantante Karina, que lle achegará á memoria do público do programa temas como “Las flechas del amor” e “La fiesta”, cos que conquistou os corazóns de xeracións de mozos e mozas a finais dos anos 60.
A proposta do programa deste venres, en que Xosé Ramón Gayoso estará acompañado pola actriz Iria Sobrado, Mónica en “Pazo de Familia”, complétase coas actuacións do grupo La Oca, da Asociación Cultural Saíñas, do grupo asturiano Tuenda, que se dedica a rescatar a tradición oral e etnográfica do Principado, e do dúo Les Artuáns, que ofrecen un espectáculo de maxia cómica.

Atopar capítulo por: