CRTVG

Buscar

Luar

Con Rosa, Antonio Orozco e Ramoncín

25/03/2016 22:00 h

Rosa interpretará o seu tema “Me da igual”, ademais de dúas cancións a dúo co escritor e conferenciante Anxo Pérez; unha delas en galego e composta polo seu compañeiro de escenario: “Amizade ata a fin”.
Pola súa banda, Antonio Orozco levará ao programa da Televisión de Galicia temas do seu oitavo e máis recente disco: “Destino”. “Mírate” e “Mi héroe” son as cancións elixidas polo cantante para deleitar os espectadores de “Luar”. 
Rosa e Antonio Orozco estarán acompañados no escenario do programa musical conducido por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio por Ramoncín, polo cuarteto galego Ghaveta, que interpreta tanto música tradicional coma temas actuais, e pola compositora galega Yhadira, que presentará o sinxelo “Estúpida sentimental”, que da título ao seu último disco.

Atopar capítulo por: