CRTVG

Buscar

Luar

Con Merche, Georgie Dann e A Banda da Balbina

11/03/2016 22:00 h

  O programa “Luar” chega este venres cun amplo e variado cartel musical, en que sobresae a cantante gaditana Merche.  A artista interpretará temas do seu novo disco, titulado “Quiero contarte”.
Tamén está convidado esta noite ao “Luar” o popular cantante francés, residente en España, Georgie Dann. 
Ademais, o musical presentado por Xosé Ramón Gayoso, Rocío Barrio e Matilde Vázquez recibirá a visita de A Banda da Balbina, que desde os seus inicios mantén unha proposta que mestura ritmo e melodía coa musicalidade da lingua galega. 
A presenza das mellores orquestras, esta semana coa mítica Tony Pérez y Los Arquinos e a orquestra Marbella; e a música tradicional, representada nesta ocasión pola Banda de Gaitas Xarabal, o Orfeón Mariñeiro do Berbés, a Agrupación Seixebra de Moraña e o Coro Minero de Turón, completan a proposta musical do “Luar” deste venres.

Atopar capítulo por: