CRTVG

Buscar

Luar

Con Marta Sánchez, Birimbao e o vigués Roberto Rodríguez

12/06/2015 22:00 h

 Esta noite o programa de entretemento máis lonxevo da TVG, “Luar”, contará coa actuación dunha das voces máis coñecidas do noso país, Marta Sánchez. A artista pop interpretará cancións do seu novo disco, “21 días”, traballo que a cantante cualifica coma un dos máis persoais,  xa que ela é a autora de todos os temas que recolle. 

Tamén estarán no escenario de “Luar” o grupo folk Birimbao, co seu tema “Cando Penso”, seguidos da agrupación coral “Coro Alecrín”, procedentes do espazo da TVG “Oh Happy Day”. A este proposta de actuacións uniranse o fondo musical Delirium, a agrupación folclórica Tahúme e a banda musical Beyer Boys, que interpretará o seu tema “Mi tierra gallega”. O toque internacional no cadro das actuacións virá da man dos italianos “Zampognería Fiumerapido”, un trío que se presenta en escena cunha gaita xigante. 

Non hai que esquecer que esta noite tamén se ofrece unha nova edición do concurso “Vai de Gaita” e a semifinal de “Recantos”, en que os catro concursantes que se clasificaron a semana pasada loitarán por abrirse un oco na final. 

Por outra banda, os presentadores Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro recibirán de novo o vigués Roberto Rodríguez, que hai uns meses bateu un récord de forza no “Luar” e que esta noite realizará unha nova exhibición carrexando un remolque cargado 20 con persoas do público do programa. 

Atopar capítulo por: