CRTVG

Buscar

Luar

Con María do Ceo, Lolita e Maghúa

23/11/2012 22:00 h

Se a música é o ingrediente esencial de “Luar”,nesta ocasión é máis ca nunca porque celebra santa Cecilia, a patroa dos músicos. Agrupacións, bandas, orquestras e solistas renden as súas interpretacións e cancións á patroa.
Actúan María do Ceo, Lolita, Maghúa, Banda de gaitas de Barbude e a orquestra Sintonía. Hai ademáis novas roldas dos concursos de “Recantos” e “Punta Tacón” coas interpretacións de Marcos Roca e Alexandra e os bailes das parellas Dahlias da Terra e Xestelos.  

Ademais da música, o escenario do programa que presenta Xosé Ramón Gayoso, que esta semana está acompañado de Sonia López, recibe tamén os mestres do humor e colaboradores de cada venres como son Pascual e Marcial e Campos e Crespo.

A maxia de Luís de Matos e a actuación de Lolita xunto a Xosé Manuel Piñeiro cantando un tema en galego completan a edición de “Luar”

Atopar capítulo por: