CRTVG

Buscar

Luar

Con María del Monte e Maldita Nerea

23/10/2015 22:00 h

 “Luar”terá como estrela convidada a cantante de coplas e sevillanas María del Monte, que esta noite se atreverá a versionar un clásico da canción popular galega, “Camariñas”, que a artista andaluza interpretará na nosa lingua.

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Sonia Noguerol tamén recibirá hoxe a visita de Maldita Nerea, un dos grupos máis exitosos, recoñecidos e recoñecibles do pop español. As súas cancións asócianse de inmediato coa mentalidade positiva, a superación persoal e a autenticidade. A banda interpretará esta noite o tema “Tú eres la vida”, a favor da AECC, onde receitan amor contra o cancro.

Atopar capítulo por: