CRTVG

Buscar

Luar

Con "Los Chunguitos" e Marlene Mourreau

27/11/2015 22:00 h

“Luar” recibirá a visita de Los Chunguitos, un dos grupos históricos do panorama da música española, cunha carreira musical de máis de 30 anos. Juan e José serán hoxe protagonistas dun momento único na televisión, xa que interpretarán o seu coñecido “Dame veneno” coas Cantareiras de Ardebullo, que esta noite regresan ao programa.
Tamén pasarán nesta edición polo escenario de “Luar” a explosiva cantante e actriz francesa Marlene Mourreau, o grupo Samba e a Agrupación Folclórica A Volta do Agro, de Lugo.
Á marxe da música, o tema que vertebrará esta semana o programa é o boxeo feminino. O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Sonia Noguerol contará coa presenza no estudio da boxeadora galega Marta Brañas, alcumada “La Potrilla de Arteixo”, que comezou a boxear hai 12 anos.

Atopar capítulo por: