CRTVG

Buscar

Luar

Con Gemeliers, Lys Pardo e Regina do Santos

18/12/2015 22:15 h

  O programa “Luar” contará hoxe coa presenza dos ídolos xuvenís Gemeliers, uns xemelgos andaluces que reinventaron o fenómeno fan nas plataformas dixitais, o que lles valeu dar o salto aos grandes escenarios e triunfar ao longo e ancho da xeografía galega.
O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso, que esta noite estará acompañado da actriz Sabela Arán, unha das protagonistas de “Serramoura”, ofrecerá tamén as actuacións de Lys Pardo, que no seu último disco lembra os grandes éxitos do seu pai, e da explosiva cantante brasileira Regina dos Santos, que se atreverá cunha proposta totalmente allea ao seu repertorio musical e cantará con dous pandeireteiros: Xurxo Fernandes, de Radio Cos, e a xaponesa Noriko Ishizuka, que viaxa frecuentemente a Galicia para aprender a tocar a pandeireta.
Tamén estará hoxe en “Luar” o gaiteiro Cristian Silva, un habitual do programa, que neste ocasión acode para presentar o seu primeiro disco, “Ego”, en que mestura a tradición coa vangarda e en que afonda nas novas técnicas interpretativas da gaita.

Atopar capítulo por: