CRTVG

Buscar

Luar

Con Francisco e Camela

02/10/2015 22:00 h

O paso do dous veces gañador do extinto festival da OTI polo programa será especialmente lembrado polos espectadores, xa que esta noite cantará exclusivamente en galego.

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Sonia Noguerol tamén recibirá esta semana a visita do grupo Camela, creador e precursor do estilo bautizado nos anos 90 como techno-rumba.

Ademais, “Luar” ofrecerá as actuacións da Agrupación Folclórica Ximiela, da orquestra Paladium, do cantante coñecido como Chingla e da artista Mar.

Por outro lado, o musical da TVG contará coa presenza no estudio de gravación de Javier Pérez, un galego que acaba de proclamarse campión do mundo de carretilleiros no torneo disputado na cidade alemá de Aschaffenburg.

Tampouco faltarán no “Luar” desta noite senllas entregas dos concursos “Vai de Gaita” e “Recantos”, coas actuacións de Óscar e Felipe no primeiro e de Mario Fernández, representante da comarca Terras de Lugo, e Verónica González, de Terras de Compostela, no segundo.

Atopar capítulo por: