CRTVG

Buscar

Luar

Con Chenoa, Sweet California e Rosa Cedrón

22/04/2016 22:00 h

A popular cantante mallorquina Chenoa visita este venres o programa “Luar” para presentar o seu último traballo discográfico: “Soy humana”, unha escolma de pezas pop sobre o amor, das que non oculta que se inspiran nas súas propias relacións de parella.
O programa presentado por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio contará tamén coa presenza da formación musical Sweet California, composta por tres mozas, Sonia Gómez, Tamy Nsue e Alba Reig, que se deron a coñecer hai tres anos a través das redes sociais e que interpretan temas pop.
A violonchelista, cantante e compositora galega Rosa Cedrón, que durante anos puxo a voz no grupo folk galego Luar na Lubre, estará tamén no escenario do “Luar”, onde a artista monfortina interpretará o seu tema “Non serei eu”.

Atopar capítulo por: