CRTVG

Buscar

Larpeiros

Con Carlos Parra: caldeirada de rodaballo e natillas con línguas de gato

06/10/2014 22:00 h

A xornada na casa dos “Larpeiros” comezará hoxe cunha conversa sobre os centos de pratos ricos que se poden facer combinando as cousas do mar. Un claro exemplo destas combinacións son os guisos de peixe con ameixas ou con berberechos, que dan como resultado unha salsa para chupar os dedos. Outro exemplo son os arroces e as pastas con gambas ou con mexillóns, que fan unha parella case perfecta.

Como de combinacións de peixes e mariscos vai a cousa, o cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, proporá facer un xantar en que o mar será o gran protagonista: unha caldeirada de rodaballo con verduras e navallas. Para a sobremesa, as reposteiras Merchi e Leni pensaron nunhas natillas con linguas de gato.

Unha vez decidido o menú, Adrián emprendaerá camiño cara á praia da Xunqueira, en Moaña, onde estará agardándoo María Xosé. Coa súa axuda, converterase en todo un experto no marisqueo da navalla a pé. Non lle quedará outra que dobrar o lombo se quere levarlles ao resto dos “Larpeiros” unhas navallas de primeira.

 

Atopar capítulo por: