CRTVG

Buscar

Luar

Con Amaral, Lucía Pérez, Sonia Araújo e Paddy Jones

16/06/2017 22:00 h

O programa “Luar” recibe este venres a visita do grupo zaragozano de pop-rock Amaral. Despois da aceptación de público e crítica dos seus últimos disco e xira, decidiron lanzar un disco de versións de “Nocturnal”, coincidindo co lanzamento do álbum en toda Europa, chamado “Nocturnal Solar Sessions”, que hoxe lles presentarán aos espectadores da TVG.
O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso tamén contará coa presenza da polifacética cantante galega Lucía Pérez, que actuará en solitario e a dúo co seu irmán, de nome artístico Vizcaíno.
Tamén estarán neste “Luar” unha vella coñecida do programa, a presentadora da televisión portuguesa Sonia Araújo, e a británica Paddy Jones, que ostenta o récord Guinness como a bailarina de salsa máis maior do mundo.

Atopar capítulo por: