CRTVG

Buscar

Luar

Con Abraham Mateo, King África e Paddy Jones

08/07/2016 22:00 h

“Luar” recibe de novo o ídolo musical xuvenil Abraham Mateo, que interpreta os seus éxitos actuais, como “When you love somebody” ou “Old School”, e King África.

Tamén actúa Paddy Jones, unha octoxenaria que revolucionou o público do “Factor X” británico.

A representación da música popular galega corre a cargo da Agrupación Folclórica Retrouso e das Pandereteiras Soalleiras. Estes conxuntos deixan paso á Banda de Música da Armada e Coral do Casino de Ferrol, que interpretan as pezas “Zarzuela” e “Salve marinera”.

Completan as actuacións musicais o ferrolán Marcos Mella, que canta “A Escapada”; Tania Veiras e Marcos Roca, que interpretan “Fadinho da tía María Benta”, e o grupo Los Tres Soles del Paraguay.  

Despois de coñecer a primeira finalista do concurso “Recantos”, Esmeralda, de Ourense Sur, para pechar o programa dispútase a segunda praza na final. O ourensán Marcos Pardo e Gonzalo Brea, de Noia-Barbanza, son os dous candidatos a batirse coa artista de Castrelo.   

Atopar capítulo por: