CRTVG

Buscar

Larpeiros

Coello con chocolate / Filloas con crema de chocolate

27/03/2013

A conversa de hoxe dos “Larpeiros” xira sobre que comían cando eran nenos e que nunca esqueceron… Os máis novos sempre lembran o pan con chocolate ou o chocolate con churros… Mentres os máis veteranos recordan con moito agrado os vasos de leite feitos con cascarilla de cacao, unha lambonada que deixou pouco a pouco de ser común nos fogares.

E como de chocolate vai a cousa, don Benigno propón facer coello con chocolate. Para iso, Adrián vai voando ata Antas de Ulla, e alí, coa axuda de Jesús, descobre os segredos da elaboración dun dos mellores pans de Galicia, porque un bo chocolate ten que ir acompañado dun pan á súa altura.

De volta á casa, a festa é completa coas filloas con crema de chocolate coas que Merche e Benigno agasallan aos espectadores máis larpeiros.

Atopar capítulo por: