CRTVG

Buscar

Fíos

Capítulo 16: Clientes sospeitosos

25/03/2021 08:16 h

Ante a prolongada ausencia de Lois, na empresa todo o mundo vai tomando posicións. Antón enfróntase a unha situación preocupante, e precisa buscar ideas e xenerar novas propostas. Será don Amador, coa súa visión empresarial, quen propoña unha solución que pasa por Eloísa, a persoa que el cre ten máis talento en Fíos. Cando a empresa atravesa o seu momento máis crítico, Nieves, tenta de novo traballar no departamento de deseño e aporta-las súas ideas. Considérase con poder para tomar decisións e ordena a Nando que instale un novo sistema de comunicación cuia estrea va ter unha inesperada repercusión. Entre as novas decisións que toma Antón, está a de contratar a un "falso cliente" para que vixíe o rendemento e a aptitude dos empregados. Araceli entérase, e cre ver clientes falsos por todas partes ata o punto de tomar a un par de ladróns por "vixilantes". 

Atopar capítulo por: