CRTVG

Buscar

Clac

Programa 7: Trinta lumes

02/07/2021 22:55 h

Trinta lumes é un filme de Diana Toucedo situado entre o documental e a ficción. Unha narración por veces hipnótica, por veces etnográfica, que non pecha ningunha liña xenérica nin expresiva.
A directora desenvolve a súa actividade creativa entre Galicia e Barcelona. En Trinta lumes conta con actores naturais, cun elenco no que descubriu a Alba Arias, protagonista da historia.
Neste Clac coñecémo-las intencións de Trinta lumes coa directora, Diana Toucedo, e a actriz protagonista, Alba Arias.

Atopar capítulo por: