CRTVG

Buscar

Larpeiros

Chocos con fabas frescas / Pasteliños portugueses de crema

17/04/2013 22:15 h

 

Hoxe o xantar dos “Larpeiros” da Televisión de Galicia está composto de chocos con fabas frescas e arroz e a sobremesa de pasteliños de crema. Pero antes de elaborar esta saborosa receita, os larpeiros falarán doutros pratos como os asados de Castela, do marmitaco vasco e dos pasteliños de Belén portugueses.

Ademais, esta noite nos fogóns ao carón de Benigno estará convidada a cociñeira Celia, eles serán os encargados de elaborar o prato non sen antes de que o reporteiro, Adrián, se achegue ata Redondela, “a capital mundial do choco”. Alí, da man de Alberto, descubrirá todos os segredos da pesca do choco, unha arte á que se dedican moi poucas familias na enseada de San Simón. E para completar a festa, Merchi elaborará uns pasteliños de crema.   

 

Atopar capítulo por: