CRTVG

Buscar

Larpeiros

Chocos con fabas e arroz e pasteliños portugueses de crema

02/05/2017 22:00 h

En plena temporada de chocos, 'Larpeiros' rende homenaxe ao produto. O programa desta noite terá de menú chocos con fabas frescas e arroz e pasteliños de crema. Pero antes de elaborar esta saborosa receita, os larpeiros falarán de pratos como os asados de Castela, o marmitaco vasco e os portugueses pasteliños de Belén.

Ademais, nos fogóns ao carón de Benigno estará convidada a cociñeira CeliaAdrián, pola súa banda, achegarase ata Redondela, “a capital mundial do choco”. Alí, da man de Alberto, descubrirá todos os segredos da súa pesca, unha arte á que se dedican poucas familias na enseada de San Simón. Para completar a festa, Merchi encargarase da sobremesa.

 

Atopar capítulo por: