CRTVG

Buscar

Alalá

Charanga Os Breas

05/10/2010 22:05 h

Dous dos compoñentes da charanga Os Breas, de Esteiro, teñen máis de oitenta anos. Seguen animando as festas de Muros igual que o facían cando eran nenos, nun tempo en que apenas había músicos por esta zona.

Aqueles Breas eran todos da mesma familia. O pai de Germán, o actual director da charanga, percorría a pé tódalas romarías da contorna con el e cos seus irmáns, que apenas levantaban do chan o suficiente como para que non lles tocasen na terra os instrumentos.

Os Breas de hoxe non son da mesma familia pero son moi amigos. Ademais de Germán, o maior, que ten 84 anos, forman o grupo Maximino, de 82, Francisco, Domingo e José, que pasan de sesenta, e Jorge, que con pouco máis de 30 anos sinte que é un verdadeiro privilexio tocar con músicos tan experimentados como son os seus compañeiros.

Ademais da historia que teñen detrás como músicos, Os Breas teñen tamén unha intensa traxectoria vital. Catro deles estiveron emigrados, un en Uruguay e tres en Holanda. Maximino, que non emigrou, aínda hoxe con 82 anos, coida dun irmán dez anos maior ca el e atende a máis de cincuenta vacas. Todo un exemplo de vitalidade que transmite en cada palabra e cada vez que colle unha gaita na man.  

 

Atopar capítulo por: