CRTVG

Buscar

Larpeiros

Carne asada á galega e Pizza de cabaza e bonito

05/11/2015 22:00 h

O mestre Benigno ten na cabeza un prato co que sorprender o resto dos comensais: tenreira asada á galega con pataquiñas, un asado curioso que non se fai no forno, senón nunha cazola, o que non ten nada que ver cos asados dos cordeiros ou dos leitóns de Castela, por exemplo.
A viaxe de Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, levarao esta semana a Guitiriz, onde, coa axuda de Juan, aprenderá a facer unha das tortas máis emblemáticas da provincia de Lugo: a torta de millo de Guitiriz. De volta na casa, a festa vai ser completa coa pizza de cabaza e bonito preparada por Merchi e Leni.

Atopar capítulo por: