CRTVG

Buscar

Alalá

Carlos do Viso

02/02/2010 22:05 h

Esta vez o protagonista é un ser terreal, pero no que nun mesmo corpo existen tres persoas con tres dones distintos. Por un lado, o Carlos do Viso artesán, no seu taller constrúe zanfonas, pandeiros, pandeiretas, tambores, guitarras... Carlos ten o don da creación instrumentos.

No mesmo corpo e alma de artesán habita outro ser: o cego. Maniféstase para cantar en feiras,
festas e mercados e alí onde o invoquen por teléfono. No programa de hoxe será o fío condutor que
nos irá narrando a complexa historia de Carlos do Viso, porque o cego ten o don da palabra.

O terceiro ser de Carlos fai milagres: converte o sangue en viño, só de cando en vez e se hai boa compaña para tocar. Eso si, dá igual que sexa nun auditorio ou nos furanchos do Viso, porque o seu terceiro don é a música.

En total, tres persoas nun só ser tan divino como terrenal que poderedes coñecer nesta nova entrega de Alalá.

Atopar capítulo por: