CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 83: A natureza das cousas

05/04/2010

Delmiro parece alporizado pola traizón de Josito, que aceptou a oferta de traballo en Ferráns. Sufocado pola situación, o alcalde iniciou unha terapia particular, consistente en berrar aos catro ventos improperios contra o irmán de súa muller. Os veciños de Louredo aturan como poden os arrebatos de ira do seu alcalde. Don Crisanto intentará facer calar o primeiro edil aínda que, dada a súa mala relación, é pouco probable que triunfe nos seus propósitos.

O intento de achegamento por parte do sacerdote acabará, tras o habitual cruzamento de insultos, nunha aposta entre o primeiro edil e o relixioso. O orgullo de ambos os dous está en xogo. Nin Delmiro dirá tacos, nin Crisanto usará a súa boina contra ninguén. O primeiro que incumpra o pacto, perderá a aposta. Se perde Delmiro, acudirá á misa do terceiro centenario da parroquia. Se o derrotado é don Crisanto, terá que buscar outro cura que oficie no día máis sinalado da historia da parroquia de Santo Antonio de Louredo.

Pero, de onde vén o enfrontamento entre Delmiro e Crisanto? A historia remóntase varias décadas atrás. Unha historia da que, por fin, coñeceremos todos os detalles desde o inicio. Coñeceremos a un alcalde aínda neno, que acode á misa, moi ao seu pesar, obrigado polo seu padre falanxista e súa nai beata. O pequeno Delmiro desafía xa a un recentemente ordenado Crisanto, encargado de darlle a comuñón. Pasarán os años e coñeceremos o Delmiro de vinte anos máis reivindicativo, e a súa relación cos irmáns Raña: O seu fiel amigo Josito, e a nova e recatada Moncha.


Atopar capítulo por: