Padre Casares
Horas de emisión:
- 22:30 / 23:30
- 02:30 / 23:30
O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Padre Casares narra, con humor e tenrura, o proceso polo que este home encaixa nese lugar, á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento.
Pouco a pouco habitúase a ese sitio onde, inicialmente, tanto lle custaba estar.
Padre Casares amosa a vida nunha vila costeira galega, a través da ollada dun cura novo e urbano que non ten outra cousa que facerse cargo da súa igrexa, e do seu rabaño, así como das igrexas das vilas próximas.
Xunto ao novo cura están a vila e os seus habitantes, que se ven inmersos en historias de temática profesional, social e mesmo persoal. Ademais tanto os veciños coma o padre Casares teñen que facerlles fronte ás súas diferenzas, conflitos, e teñen que aprender a convivir e aceptarse.