Larpeiros
Larpeiros. Cap. 80: Unha ducia de ovos...ou case!
Os lambóns máis simpáticos da Galega estarán acompañados hoxe á mesa ilustrada da cociña e da conversa por un dos reposteiros do país, Xosé Manuel de la Iglesia, que xunto ao mestre Benigno preparará uns ovos ao xeito dos larpeiros e un biscoito co selo dos reposteiros do Carballiño.
Para a elaboración destas receitas, o xornalista de investigación Tomás Alonso achegarase ata Palas de Rei, onde a súa amiga Lorena aprenderalle como se crían unhas galiñas de primeira división. Grazas a Lorena, Víctor e Mónica, os encargados de criar as galiñas, recoller os ovos, envasalos e clasificaloso noso intrépido Tomás coñecerá os segredos duns ovos de primeiro calibre.
Despois, á viaxe gastronómica tocaralle facer unha parada no mercado de Abastos de Santiago, para mercar verduras; tomar unha tapa no centro da capital e achegarse á panadería da Troia, unha parada obrigada para comprar pan de Friol.