Larpeiros
Larpeiros. Cap. 79: Unha lamprea e un bacallau
Os lambóns máis simpáticos da Galega abren unha nova mesa de cociña ilustrada para dar cabida ao humor e á conversa, onde o mestre cociñeiro de Chapela, Benigno Campos, vai preparar un saboroso bacallau ao Gomes de Sá e amais como aperitivo unha lamprea rechea.
Ata conseguir tan ricos manxares, o intrépido xornalista Tomás Alonso desprazarase ata o concello de Arbo, na zona do río Miño, para ver como os pescadores desenvolven unha tradición secular: a pesca da lamprea con vituróns. Manuel, un experto pescador de Arbo, aprenderalle os segredos deste animal, ao que os romanos xa lle construían trampas para que caese nelas, as pesqueiras.
Coa teoría ben aprendida, Tomás marchará ao mesón da Lamprea, nos montes de cabeira, en Arbo, onde lle amosarán como se preparan estes animaliños que tantas satisfaccións dan aos máis lambóns, ocasión que aproveita para levar unha lamprea seca e rechea, a xeito de aperitivo. Co monstro mariño no cesto, Tomas Alonso volve ao pazo onde se cociña todo para entregarllo ao mestre Benigno.