Casa Manola
Capítulo 4: Parabéns
10/11/2014 22:15 h
Vero recibe un inesperado agasallo da súa sogra polo seu aniversario, pero axiña descobre que ese xesto non ten o significado que ela quixera.
Durante este novo enfrontamento entre ambas as dúas mulleres, Casa Manola recibe a visita de Dimas, un famoso investigador de fenómenos paranormais. O seu propósito é revisar un avistamento extraterrestre que aconteceu na vila hai anos e que deu a volta ao mundo, pero semella que Barrantes non ten moito interese en que ninguén remexa o pasado. Mentres tanto, Nacho terá que atender as queixas dunha hóspede moi puntillosa.