CRTVG

Buscar

Casa Manola

Capítulo 3: Tempo de laranxas

03/11/2014 22:15 h

Un matrimonio en crise hospédase na casa de turismo rural coa esperanza de recuperar a paixón, pero todos están demasiado ocupados como para permitir que estean tranquilos.

Por unha banda, Vero ten que mediar no conflito entre a súa sogra e Remedios, unha veciña coa que leva anos enfrontada por mor duns lindes. Ambas as dúas considéranse propietarias dunha vella laranxeira e a intervención de Vero só servirá para enlear aínda máis o asunto.

Mentres tanto, Nacho e o seu tío Barrantes tratan de reeditar as súas fazañas de xuventude subidos a unha carrilana, pero semella que o tempo pasa para todos.

Atopar capítulo por: